PLAN DE INNOVACIÓN DE ALGAS ATLÁNTICAS ALGAMAR, S.L. (029)

Para promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.

Esta operación está financiada pola Xunta de Galicia, a través de axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación, dentro do programa de axudas a empresa InnovaPeme 2022 (Convocatoria GAIN IN848D – 2022).

A actividade empresarial de Algamar, sempre estivo ligada á innovación, por iso, creemos firmemente na necesidade de reforzarla, adaptándoa aos novos horizontes que están por vir, e consolidando a I+D+i interna, ademais de potenciar a innovación en aspectos de organización e procesos.

Algamar a través do seu Plan de Innovación 2022-2023, desenvolverá unha serie de actuacións enfocadas a acadar obxectivos específicos, que lle permitan sistematizar os procesos de innovación, incrementar as súas capacidades innovadoras, perfilar as necesidades do mercado e aliñar tecnoloxicamente a empresa coas súas tendencias, así como valorizar a I+D+i da empresa, e actuacións de innovación en materia de organización que lle permitan integrar todas estas melloras ás súas prácticas.

As actividades integradas no devandito plan de innovación, contan con financiamento da Axencia Galega de Innovación (GAIN), por Resolución do 8 de agosto de 2022, da directora da Axencia Galega de Innovación, pola que se adxudican as axudas para mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (Programa Innova Peme – Convocatoria GAIN IN848D – 2022), a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola Resolución da directora desta axencia do 04 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18.04.2022).